Friday 17 de May de 2024

As corais dos centros cívicos ofrecen o seu tradicional ciclo de recitais de primavera


As agrupacións musicais ofrecerán concertos gratuítos do 17 ao 21 de abril

As seis corais dos centros cívicos municipais ofrecerán a partir do luns 17 de abril o seu tradicional ciclo de recitais Son da Primavera.

Os concertos, gratuítos ata completar a capacidade, terán o seguinte calendario de actuacións.

Actuacións das corais

O luns 17 de abril ás 18.00 horas no CCM Palavea e o mércores 19 de abril ás 18.00 horas no CCM San Diego con:
● Airiños de San Fernando, do CCM de Feáns
● Allegro Ma Non Troppo, do CCM de Monelos
● Coral do CCM do Castrillón

O martes 18 de abril ás 18.00 horas no CCM Castrillón e o venres 21 de abril ás 18.00 horas no CCM Monelos co:
● Saraiba, do CCM dos Mallos
● Arume, do CCM de Monte Alto
● Cantores de San Diego, do CCM de San Diego